Aula Natural Xesta e unha asociación dedicado o Medio Ambiente ,entrevista co presidente da asociación ¿como ,cando e porque se crea esta asociación?
Aula Natural Xesta nace dun grupo de rapaces do Carballiño,nun primeiro momento andabamos na procura de novas alternativas para a nosa vila, queriamos ofrecer recursos culturais e actividades para os veciños.Despois de manter diferentes xuntanzas a idea de ofrecer recursos culturais e actividades tomou unha forma diferente ,queriamos aportar o noso gran de area sobre a concienciación social que hoxe en día e tan necesaria para conservar o noso Medio Natural.O final decidimos crear unha Asociación de Medio ambiente ,pero sen esquecer as nosas primeiras iniciativas nas cales traballaremos colaboraremos con outras Asociacións.
Decidimos realizar uns estatutos que contemplaran a recuperación de espazos naturais e conservación do medio natural, aulas da natureza difundindo información e aprendizaxe , Reciclaxe e actividades culturais entre outras.Creámola a comezos do ano 2007, despois do meu paso pola Asociación Cultural O Trasno Musifú na cal aprendín a importancia de unirse para realizar actividades.Inda que estamos colaborando estreitamente entre as dúas asociacións e continuaremos a labor en conxunto arbore a arbore.
¿Como nace idea do nome? ¿ten algunha razón de chamarse aula?
O nome en si coceuse de diferentes formas, e moi difícil poñer a todos dacordo ,eu quería poñer o de Aula Natural porque me parecía o mais apropiado para unha asociación que realizaría actividades e amosaría con cousas sinxelas a protección do Medio Ambiente,na miña cabeza estaban os centros escolares.Tamén tiña en mente poder conseguir unha Aula Ambiental na nosa vila ,un lugar de xuntanza ,ensino ,aprendizaxe de cara os Recurso Naturais, que na nosa comarca para min ,son o futuro.O de Xesta naceu dunha conversa no MSN ”Messenger” cun compañeiro, estabamos co tema de Xestión e Tratamento de Residuos ,nun momento dado nomeamos o nome de xesta que me recordou a importancia desta especia vexetal en Galicia “témolas de todos ós estilos” e recordoume as miñas historias no monte de pequeno con esta “herba” que lle chamaba eu.
A pesar de ser un grupo que so leva traballando un ano , dende a vosa asociación xa propuxestes diferentes iniciabas de cara o Medio Ambiente ¿Que liña de actuación tedes pensado seguir ?
Dende a nosa asociación cremos que a independencia económica e ecolóxica ten unha dimensión global,o que obriga a levar a cabo un conxunto de actuacións que poden ser de diferentes estamentos “local,provincial,autonómico ... “.E imprescindible ampliar o horizonte dos nosos esforzos ambientais, cunha visión acertada das sociedades industrializadas pero ecoloxicamente sostibles.
Nos queremos aportar un gran de area mais o conxunto de iniciativas ambientais existentes hoxe en día, apostamos pola Educación Ambiental dende o primeiro momento ,porque cremos que integra múltiples aspectostanto científicos, sociais, económicos, políticos , filosóficos , éticos e culturais , dende unha perspectiva global.Buscamos fomentar a creación e desenrolo de normas , valores e creemos na Educación Ambiental das nosas vilas con estas iniciativas, desenrolando unha política ambiental local dende o campo educativo formal e non formal.
Neste campo traballaremos arreo para poder executar as nosas iniciativas,tamén as de calquera veciño que desexe colaborar con nos.
Desde a vosa asociación propuxestes aparcamentos para bicicletas na vila do Carballiño
¿Que outras iniciativas realizaredes o proporedes nos próximos meses?
Si, realizamos una proposta pública e informativa nos medios de comunicación de aparcamento para bicicletas que estamos a piques de rematar e posteriormente presentar formalmente no Concello do Carballiño. Por desgraza non temos dedicación a asociación 24 horas o día e témonos que resignar con tempo dispoñible de cada un dos socios.
Outras iniciativas ... temos un plan director anual que nos marca pautas a seguir , pero nunca o cerramos de todo por posibles modificacións nas actividades ou propostas. O que si che podo adiantar e a presentación do Cómic Ambiental “ Os Xesteiros , a Ecopanda Xuvenil ” e un idea que estamos a realizar pola nosa asociación que nos esta levando moito traballo e recursos a todos os membros da nosa asociación.
¿Fálanos un pouco do cómic?
No Cómic Ambiental creamos diferentes personaxes,estes iran ensinando as persoas que sigan estas aventuras en internet os diferentes recursos sobre a conservación do Medio Ambiente.Iremos colgando capítulos na nosa web , nestes momentos poden ver a mostra xa colgada en internet.O cómic estará creado en formato Flash “web” e banda deseñada “Papel”, será de distribución gratuítarealizándose tamén un formato audiovisual para tódalas Televisións Locais da comunidade autónoma de Galicia.
Nesta idea estamos implicados moitas persoas da asociación para o dobraxe ,realización e produción ,e moi agradecidos a persoas que desinteresadamente ofrecéronse para colaborar nesta iniciativa. E un proxecto que esta subvencionado por Política Lingüística da Xunta de Galicia para incrementar o emprego do galego no entre da mocidade.
Tedes unha páxina web da asociación que inaugurastes hai uns días para incentivar a utilización e intercambio dos recursos da vosa asociación. ¿ A que clase de recurso os referides neste senso ?
Realizamos esta web pensando na Educación Ambiental coma punto de información ,asesoramento e formación sobre o Medio Ambiente.Intentaremos recoller toda a información sobre o estado do medio ambiente nos municipios , iniciativas , de libros , folletos . . . Tamén pretendemos poñer en funcionamento un sistema de xestión de cursos ,radio e TV Multimedia on-line na web.
Cremos que a web e un recuso indispensable para a asociación ,se queremos que se impliquen mais persoas nas nosas iniciativas temos que mostrar o que realizamos.Internet neste senso e un medio de comunicación asequible ,funcional e moi práctico na utilización.
Temos intención de ampliar onoso radio de acción na provincia de Ourense neste ano , e a web e fundamental para que isto funcione, esta canle permitiranos administrar os recursos entre socios e abaratar os custes de xestión interna da asociación.
En Galicia existen diferentes asociacións dedicadas o Medio Ambiente ¿estase a traballar ben dende as asociacións?
A nosa asociación traballa axudando no cambio das pautas de actuación sobre o Medio Ambiente , e coma nos hai diferentes asociación creadas dende fai anos que xa estaban a traballar neste campo, todas a axuda e pouca para concienciar a persoas sobre todo o que nos rodea neste campo ,que moi amplo.
Creo que o traballo diario desde as asociacións o final darán os seus frutos, pero non creo na crispación e o malestar que se xera nalgunha ocasión por culpa de certos motivos,intereses ou persoas ,para min estas situacións poden supor un atraso. Galiza ten un futuro neste campo moi importante non podemos pechar os ollos e xerar situacións para negociar coas nosas vilas ou cidades.
As asociacións estamos para sumar nunca para restar ,nos neste sentido obramos “ traballando “ .
|